EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de Monterrei brillan no restaurante do actor Daniel Brühl en Berlín

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acaba de realizar, en Berlín, unha Masterclass destinada a prensa especializada, importadores, distribuidores e catadores de establecementos de restauración da capital alemá. Esta iniciativa estivo conformada por unha sesión formativa sobre o territorio (características de chan, clima, tipoloxía de produto ou variedades de uva, entre outras cuestións), cata de viños elaborados en Monterrei e harmonía dos mesmos con diferentes elaboracións gastronómicas.

Á devandita actividade asistiron representantes dalgunhas das máis importantes importadoras e tendas de viño de Alemaña como Wein und Vinos, Weinkontor Freund, Spanische Quelle, Vin Culture, Andupez, Wein Agentur, A Adega Wein, Rössler Getränke, Muret A Barba, Weinmichel, Mitte Meer ou Wein von Eisen. Ademais de consultores vitícolas e institucións formativas como Shahab Jalali, Steffen Kellner, Wein Akademiker, MDC. Así como os medios Garçon Magazin, Schaum Magazin, Flux FM Radio, ou catadoras do Restaurante Volver ou o Bar Raval, establecemento anfitrión.

O Bar Raval é coñecido na capital alemá por ser o famoso actor hispanoalemán Daniel Brühl un dos seus propietarios. Ademais conta co certificado de Calidade de restaurantes españois que outorga Food and Wines from Spain e é recoñecido como un dos mellores establecementos de Tapas de Berlín.

As adegas participantes nesta actividade foron: Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).

“A realización desta Masterclass permite aos participantes descubrir, a través dun trato único e exclusivo, o territorio vitivinícola en base ás variedades, chans e altitudes; ademais de coñecer información específica sobre a realidade vitivinícola de denominación, como historia, cifras, estilos e proxección”, recoñece o presidente da entidade, Jonatás Gago García.

Artigos relacionados

Back to top button