EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Os viños naturais valdeorreses conquistan Barcelona

A adega La Perdida, de Larouco, era a única galega no salón “Vins Nus”, celebrado en febreiro

Os sete tipos de viños naturais que está elaborando a adega valdeorresa La Perdida promocionábanse no marco da mostra “Vins Nus”, organizada pola Asociación de Produtores de Viños Naturais de España a mediados de febreiro en Barcelona. Era ademais a única galega da feira, tal e como destaca o seu responsable, Ignacio González.

Durante esta viaxe á cidade condal, La Perdida tamén realizaba diversas presentacións en locais de hostalaría de referencia como é o caso do coñecido Can Roca ou de Monvínic.

Esta adega, que aposta por “un traballo totalmente natural no viñedo e tamén na adega”, produce unhas 10.000 botellas de sete viños diferentes: garnacha con mencía, garnacha con sumol, godello, godello con maceración de peles, dona branca, palomino e clarete.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button