EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viticultores da D.O. Ribeiro terán novas tarxetas

Serán entregadas a partires de hoxe, día 24 de xullo, despois de actualizar o rexistro de viñas

A C.R.D.O. Ribeiro vén de actualizar o rexistro de viñas, para así poder entregar unhas novas tarxetas aos viticultores. Os datos obtidos despois deste traballo revelan unhas 1 300 hectáreas en produción e uns 1 700 viticultores activos antes da vendima.

 

Anverso da tarxeta.

 

Estas novas tarxetas serán entregadas a partir de hoxe, día 24 de xullo, a todas as persoas que actualmente teñan viñas en produción dentro da D.O. e que pasaran polo Consello Regulador a actualizar o rexistro. Así, ningún viticultor poderá entregar uvas a ningunha bodega se non posúe esta tarxeta.

 

Reverso da tarxeta.

 

Ademais, como medida extra, o C.R.D.O. Ribeiro dará comezo no mes de agosto a unhas inspeccións de estimación de rendemento da colleita. Así, ofrecerase unha estimación máis real da próxima colleita, así como información das condicións actuais da uva.

Artigos relacionados

Back to top button