ConcellosÚltima hora

Os voluntarios de Protección Civil de Petín entregan mascarillas e medicamentos aos veciños

 

O coronavirus segue aí e non se pode baixar a garda. Por iso, e mentres dure o estado de alarma (de momento ata o 26 de abril), non se pode saír de casa salvo en casos de emerxencia e xustificados, ademais de extremar as medidas de protección.

Por iso os concellos seguen ao pé do canón axudando en todo o que poden aos veciños, sobre todo á xente maior e de mobilidade reducida. No caso de Petín, os voluntarios de Protección Civil continúan levando a cabo diferentes tarefas para lograr este fin. Entre elas a entrega a domicilio de medicamentos e tamén o reparto de mascarillas de algodón entre os veciños do municipio. A propia alcaldesa de Petín Raque Bautista anunciaba a través das redes que se algún veciño necesita estas mascarillas, pode avisar no seguinte número de teléfono: 988 310 223.

Fotos: Protección Civil de Petín

Artigos relacionados

Back to top button