DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os xogadores das Escolas Deportivas de Trives vencen na final provincial de fútbol sala cadete e infantil

Dobre título para os xogadores de fútbol sala das Escolas Deportivas de Trives. Na final provincial de Xogade que se desenvolvía o 26 de maio no pavillón ourensán dos Remedios, o conxunto trivés proclamábase campión nas categorías cadete e infantil.

Así, na final cadete os triveses ganaban ao Prolsport por 3 goles (de Samuel, Eric e Saúl) a 1, mentres que na final infantil derrotaban ao F.S. Celanova por 3 goles (de Servando, Iago e Hugo) a cero. O Concello da Pobra de Trives vén de expresar publicamente a súa noraboa a estes dous equipos “por estes grandes triunfos que están acadando e, por suposto, ao seu adestrador Tino Sierra”.

Fotos cedidas polo Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button