En portadaÚltima hora

Os xogadores do Dépor celebran o ascenso con godello de Valdeorras

O equipo herculino acudiu a un evento no que puido probar o godello Mil Ríos

Foto: Ethan Álvarez/El Ideal Gallego.

 

Italiana, pero cun marcado acento galego. Así é Sicilia in Bocca, unha pizzería rexentada polo palermitano Domenico Bartolotta que, en apenas un ano e medio, logrou conquistar os padais dos coruñeses máis esixentes.

Un éxito que Bartolotta quixo celebrar na noite de onte organizando, para un cento de personalidades da vida deportiva e social da Coruña, un evento de carácter amable e distendido. Este contou coa esperada asistencia dos campións de Primeira Federación: os xogadores do RC Deportivo.

Durante a xuntanza degustáronse oito variedades de pizza que buscaban fusionar os mellores produtos da cociña galega con este clásico prato italiano. Os invitados acompañaron a cea con dous viños galegos e dous italianos.

O godello Mil Ríos, presente no menú de degustación, conquistou ao equipo branquiazul. Este viño da DO Valdeorras caracterízase por ser criado sobre lías, o que lle dá máis corpo e untuosidade. O proceso de elaboración remata coa posterior crianza en botella. Así, é como nace un viño de garda, redondo, cheo de matices e elegante no que se salientan as características da uva godello.

Texto: Miguel Gómez Longo.

Artigos relacionados

Back to top button