Na xornada deste domingo 29 de outubro a localidade valdeorresa de Oulego, no concello de Rubiá, celebraba a festa de San Miguel, patrón do pobo, levado a ombros polos homes, aproveitando a procesión para sacar tamén á imaxe da Virxe do Rosario levada polas mulleres.
Tralo percorrido polo pobo, co acompañamento musical dun grupo de gaitas, tiña lugar a misa oficiada polo párroco, Daniel Pérez Quintela, no interior da igrexa de Oulego.
Fotos cedidas.