OurenseÚltima hora

Ourense celebra o Día Mundial do Benestar ou “Global Wellness Day”

O acto levouse a cabo na piscina das Burgas e acudiron diferentes personalidades políticas, empresariais e sociais
Foto do acto nas Burgas.

Ourense sumouse á celebración do “Global Wellness Day” (Día Mundial do Benestar) cun acto que xuntou, na piscina de As Burgas, a distintos representantes institucionais, empresariais e sociais entre os que estiveron o alcalde da cidade, Jesús Vázquez; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o vicepresidente da Deputación e concelleiro de Termalismo de Ourense, Jorge Pumar; o deputado nacional, Celso Delgado; a presidenta da Federación de Comercio de Ourense e o director de Termatalia, Alejandro Rubín.

O evento estivo organizado por Termatalia e contou coa colaboración do Concello de Ourense. O obxectivo deste encontro foi posicionar a Ourense como un destino saudable e de benestar.

Termatalia, feira internacional de Turismo, Saúde e Benestar, conta cunha rede internacional na que se inclúen moitas das entidades que promoven o turismo de saúde a nivel mundial. Entre estas atópase tamén o “Global Wellness Day”, xa que un dos obxectivos de Termatalia é fomentar un estilo de vida saudable e un turismo de calidade e respectuoso co Medio Ambiente.

Artigos relacionados

Back to top button