
Unha axenda repleta de teatro, música e exposicións conforma a oferta cultural do Concello de Ourense para esta semana, a terceira do mes de novembro.
A primeira cita será o xoves 19 de novembro, ás 20:30h na Sala Principal do Auditorio, coa compañía Arden Producciones, que porá en esceba a obra Shakespeare en Berlín, unha peza teatral para todos os públicos. O prezo da entrada é de 8 euros.
As outras dúas propostas son para o domingo 22 de novembro. Ás 12h. na Sala Principal do Auditorio, actuará a compañía Verdeveras Producións Artísticas, representando a obra Un Lugar Chamado Mundo. É unha peza músico-teatral dirixida ao público infantil. O prezo da entrada é de 3 euros. E xa pola tarde, ás 19h. e na mesma sala do Auditorio, o Dúo Cassadó, Damian Martínez e Marta Moll de Alba, dará un concerto que forma parte do ciclo Enclave de Cámara, para festexar Santa Icía, Patroa da música. A entrada será de 8 euros.
Durante esta semana tamén se poderá acceder a diferentes sala e exposicións, dende o Espazo expositivo de Arturo Baltar ou o Claustro de San Francisco, ata o Museo Municipal coa colección “Os nosos Fondos; a praza da República coa entrada á Biblioteca Nós “Construíndo o Universo dende Ourense”, exposición polo centenario Nós; ou a Sala Valente con “Os caprichos espidos” de Xosé Poldras.
O aforo máximo para as actuacións é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias (mascarilla de protección e hixiene de mans á entrada). As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Máis información na web de Cultura do Concello de Ourense