OurenseÚltima hora

Ourense conmemora o 45º aniversario da Constitución cun solemne acto no Auditorio

Un dos recoñecementos fou para a BRIF de Laza, pola súa "acción na extinción de incendios forestais nunha provincia asolagada como a de Ourense"

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, puxo en valor a Constitución como a “figura suprema do consenso institucional e un dos instrumentos máis útiles para a convivencia e defensa dos valores humanos, sociais, económicos e territoriais do noso país”, apelando ademais á “reflexión, celebración e renovación do compromiso” coa Carta Magna. Así o expresaba, na mañá deste mércores 6 de decembro, durante o acto de conmemoración do 45º aniversario da Constitución Española, celebrado no Auditorio Municipal de Ourense e que contou coa interpretación musical da Banda de Música de Verín.

 

 

Durante o seu discurso, Emilio González fixo un chamamento á mocidade como os protagonistas principais para construír unha nova sociedade baseada nos dereitos, deberes e valores fundamentais da Constitución aportando unha nova visión e perspectiva. González expresou que a afouteza da Constitución é ser instrumento vivo que dará resposta unha sociedade cambiante e vertixinosa coma a que vivimos.

“A xuventude persegue unha sociedade mais moderna, participativa, inclusiva e con novos retos marcados con seguridade polas novas tecnoloxías e a intelixencia artificial, o pluralismo cultural, a solidariedade e igualdade, o respecto aos demais e o coidado medioambiental e a sustentabilidade”, destacou o subdelegado. A Constitución debe seguir sendo o horizonte ca que a xente xoven poidan seguir “ampliando dereitos” no noso pais. Por outra banda o subdelegado incidiu en que a Carta Magna non debe ser obxecto de apropiación partidista. “A Constitución é de todos e todas e nela cabemos todos os demócratas” e apelou a que “pensar ou ver de xeito diferente” o presente e o futuro é un “acto imprescindible para o avance e o progreso” dun país.

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González.

 

Fai 45 anos serviu para dar respostas os desafíos dun momento histórico, e serviu para os retos que se sucederon despois do espírito do 78, nacendo nunha España pioneira na defensa dos dereitos fundamentais e liberdades civís e construíndo unha España moderna, feminista, diversa, emprendedora, solidaria e xusta, aberta o mundo que somos hoxe.

Para finalizar, Emilio González, expresou que avanzar xuntos e xuntas na nosa diferenciación debe ser o noso horizonte para lograr una España mellor; “coñecer e respectar a Constitución”, segue sendo o principio fundamental sobre o que se asenta esta celebración.

 

Autoridades durante a gala.

 

Durante o acto procedeuse á entrega dos premios da 39ª edición do Concurso da Constitución Española que recaeron en 20 alumnos e alumnas da provincia polos seus debuxos, fotografías e vídeos, centrados nos dereitos e deberes fundamentais recollidos na Carta Magna que este ano estaban abertos a todo o texto e articulado.

 

Bruno, do Barco de Valdeorras, é membro do Brif de Laza.

 

Pola súa banda, os recoñecementos neste 45º aniversario da Constitución foron outorgados á BRIF de Laza, pola súa acción na extinción de incendios forestais nunha provincia asolagada como a de Ourense e a implicación dos seus efectivos e labores humanitarias e misións internacionais; á fundación Juan Soñador, pola súa labor de integración coa poboación extranxeira en Ourense; a Cáritas Ourense, pola súa labor coas persoas máis vulnerables a xestión seguimento e inserción laboral dos preceptores do Ingreso Mínimo Vital e D. Juan Blanco, pola acción de rescate realizada no río Miño en agosto deste ano.

Fotos: Carlos G Hervella.

Máis información e fotos:

Unha alumna do Divina Pastora do Barco e outra do CEIP Bibei de Viana, entre os premiados no 39º Concurso da Constitución

Artigos relacionados

Back to top button