En portadaÚltima hora

Unha alumna do Divina Pastora do Barco e outra do CEIP Bibei de Viana, entre os premiados no 39º Concurso da Constitución

 

Durante o acto de conmemoración do 45º aniversario da Constitución Española, celebrado esta mañá no Auditorio Municipal de Ourense, facíase entrega dos premios da 39ª edición do Concurso da Constitución Española que recaeron en 20 alumnos e alumnas da provincia polos seus debuxos, fotografías e vídeos, centrados nos dereitos e deberes fundamentais recollidos na Carta Magna que este ano estaban abertos a todo o texto e articulado.

 

Sara Fernández do CEIP Bibei de Viana do Bolo.

 

Concedéronse 10 premios na categoría de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial, que recibiron un agasallo e un exemplar da Constitución Española; e 10 na categoría de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato, Ciclos Medios de Formación Profesional e a Universidade. Estes alumnos resultaron premiados cun Bono cultural.

Entre os galardoados están Martina Aller Pfirter do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras e Sara Fernández Basalo do CEIP Bibei de Viana do Bolo. Unha alumna do CPR Plurilingüe María Inmaculada de Verín tamén resultaba premiada.

 

Martina Aller do colexio Divina Pastora do Barco.

 

Na súa intervención, o subdelegado do Goberno sinalou que o alumnado é a “alma mater deste acto, interpretando con sensibilidade e acerto nos seus traballos os dereitos e deberes fundamentais dos españois”. Así mesmo, Emilio González agradeceu a implicación da comunidade educativa e dos patrocinadores no concurso, “porque comparten connosco a necesidade de amosarlle aos máis novos a riqueza e importancia dos preceptos que recolle a nosa Constitución”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:

Ourense conmemora o 45º aniversario da Constitución cun solemne acto no Auditorio

Artigos relacionados

Back to top button