En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ourense, unha provincia vestida de branco

A Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda, aberta á práctica do esquí

A neve chegaba con forza o domingo e tinguía de branco boa parte das zonas da provincia de Ourense e, de xeito especial, ás de montaña. Esta é a imaxe que ofrece a estación de montaña de Manzaneda, a única da comunidade galega. Tal e como se informa na súa web, Oca Nova Manzaneda está o 15 de febreiro aberta para a práctica do esquí con 12 pistas e 10,7 km esquiables. Rexistra temperaturas mínimas de -5 graos e máximas de -3. O tipo de neve é pó, cun espesor máximo de 40 cm e mínimo de 20 cm.

Dende a estación recoméndase o uso de cadeas nos vehículos para evitar incidentes na estrada de acceso a este complexo de montaña.

Fotos: Oca Nova Manzaneda

Artigos relacionados

Back to top button