En portadaÚltima hora

Outarelo (O Barco) recupera a Romaría de San Francisco Blanco

Será o 5 de febreiro e contará coa animación musical dos gaiteiros Celta Largos

Procesión de San Francisco Blanco no 2020 antes da pandemia. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que moi pouco a pouco e sempre mantendo todas as medidas de precaución sanitaria, parece que se vai recuperando certa normalidade, regresando ao calendario festivo certas actividades que quedaran en suspenso por culpa do Covid.

É o caso das Romaría de San Francisco Blanco que neste 2022 volve en febreiro a Outarelo. O programa relixioso comezará coa novena que se celebrará do 27 de xaneiro ao 4 de febreiro ás 17:30 horas; e xa o sábado 5 será o día central da festa con varios cultos.

Haberá misa ás 10:30 horas e ás 11:30 horas e xa ás 12:30 horas terá lugar a procesión coa imaxe do santo (mártir en xapón e avogado das dores de cabeza) e a urna na que se conserva o seu cráneo, seguida da misa maior na capela. Ese día haberá polbo á feira e churrasco na praza do pobo (gardando o protocolo Covid) e coma todos os anos tamén postos con “rosquillas”  diante da capela. A nota musical da romaría porana os gaiteiros Celtas Largos.

Ao día seguinte, domingo 6 de febreiro, celebrarase na capela unha misa na honra a San Antón. Será ás 13:30 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button