Galerías de fotosÚltima hora

O outono entre manualidades e contos, na Biblioteca de Verín

Debuxando, coloreando, recortando arredor do tema do outono, pero tamén escoitando historias. Unha vintena de nenos e nenas de entre 3 e 9 anos divertíanse na tarde do 24 de novembro na Biblioteca de Verín. Participaban na actividade de contacontos e manualidades “Contos de Outono”.

A iniciativa consistía na realización de contacontos sobre outono, así como manualidades da mesma temática. Ten sido coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button