É unha obra rebelde na que a “propia rebeldía fabrica a poesía”. Así se refire Pablo José Gómez Morales ao seu poemario “Problemas con el insomnio”. Presentábao na tarde do 21 de setembro na Biblioteca Municipal de Verín e nese acto confesaba que esta obra “é un pedazo da súa alma”. Despois da presentación, Gómez Morales ofrecía un recital de poemas incluídos neste libro.
Esta é a segunda presentación de libros que ten lugar nesta biblioteca no que vai de setembro. Esta prevista outra máis para o 29 deste mesmo mes ás 19:30h. Ese día Melitón Rodríguez achegará aos verineses a súa novela “Contrabando de miserias”.
Fotos cedidas polas Biblioteca Municipal de Verín.