SanidadeÚltima hora

Paderne de Allariz estreará o luns o seu novo Centro de Saúde

Esta mesma tarde o persoal dos servizos de Mantemento, Loxística e Sistemas da Información procederá ao traslado ás novas instalacións

Exterior do novo Centro de Saúde de Paderne de Allariz.

 

Os 1.076 usuarios do Centro de Saúde Paderne de Allariz estrearán este luns o seu novo centro sanitario, unha moderna construción na que a Xunta de Galicia investíu mais de medio millón de euros (557.305 €) e duplica o espazo dispoñible para a asistencia sanitaria.

Esta mesma tarde, unha vez remate a actividade asistencial, o persoal dos servizos de Mantemento, Loxística e Sistemas da Información procederán ao traslado ás novas instalacións, poñendo todo a punto para poñelo en funcionamento este mesmo luns día 19.

O novo centro de saúde de Paderne de Allariz ten unha superficie construída de 393 m2, que duplica a dispoñible actual. Consta dun único andar, distribuido en tres áreas. A central e mais ampla adicada á asistencia, e outras dúas, repartidas a dereita e esquerda, para instalacións e persoal.

O acceso ao centro faise a través dun gran adro parcialmente pechado que permite a espera no exterior dos pacientes, especialmente adaptado ás actuais medidas de prevención fronte ao Covid-19. Unha vez dentro, atópase a recepción, os aseos para acceso do público, unha consulta médica, unha consulta de enfermería e unha consulta polivalente para curas, ou neste contexto atención de sospeitas Covid. No exterior conta ademais cunha zona de aparcamento con capacidade para once prazas, dúas delas para persoas con discapacidade.

O cadro de persoal do centro está formado por un médico, unha enfermeira e unha PSX (Persoal de Servizos Xerais) que ofertan unha carteira de servizos básicos, con referencia no Servizo de Atención Primaria de Maceda para as unidades de apoio de pediatría, odontoloxía, cirurxía menor, etc. e na actualidade tamén punto de vacinación da campaña especial fronte ao coronavirus.

Esta apertura súmase a do novo Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar, ao que este ano engadirase o novo centro en A Rúa e a reforma integral do de Ribadavia, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button