Sébastien Hernández, piloto francés con orixes en Valdeorras, leva o mundo do motor nas veas xa dende neno. O seu irmán Michael empezou co karting aos 4 anos e el facíao con 5 en motocross, pasando despois ao karting e tamén á resistencia, mantendo intacta unha afección que lle contaxiaba o seu pai e que agora el lle está transmitindo ao seu fillo, Kenzo de 5 anos, co que xa comparte adestramentos.

Este en concreto realizábano o pasado sábado 13 de agosto durante as vacacións de verán, no circuíto de Karting Cabañas Raras (León) onde compartiron pistas completamente equipados. Todo un orgullo para o pai e o mellor exemplo para o fillo.
Fotos cedidas.