ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Papá Noel atende as peticións dos cativos na Pobra de Trives

Tamén A Pobra de Trives recibía a visita de Papá Noel na tarde do 24 de decembro. A praza do Pilón foi o lugar elixido para que o entrañable personaxe recibise aos pequenos que sentados sobre o seu colo amosaban ilusión, sorpresa e ledicia.

Despois de falar con eles, escoitando as súas peticións e pousar para as fotos, o “home de vermello” percorreu as rúas da localidade acompañado por membros do Motoclub Os Esquíos.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button