Na mañá deste domingo 23 de outubro celebrábase a XV Carreira por Montaña Cañon do Sil (a decana de Galicia), unha proba longa de 33 km (cun desnivel positivo de 2.200 metros). Ademais a cita incluía a XI Media Carreira Canon do Sil con 17 Kmtrs e 950 m de desnivel positivo e a V Mini e Cadete con 7 Kme 370 metros de desnivel positivo.
Na proba longa estaban inscritos 140 corredores, dos cales tomaron a saída 115, na mediana había inscritos 117 e sairon 100 na mini a inscrición era de 24 participantes e sairon 20. O tempo non acompañaba nesta xornada, “un día espantoso de choiva, vento e néboa na altura da Meda que levou aos árbitros a nular un tramo de 3 Km”, tal e como informa a organización.
Por equipos, impoñíase o Castro-Trail (formado por Elpidio Gómez, Marcos Antonio Pascual, Emilio Montilla e Federico Losada), en segundo lugar quedaban os Traileros Toxos e Birras (Marcos Naya, Miguel Vázquez, Jorge Rente e Marcos Rey) e no terceiro a AC Castelos Trail Club (José Manuel Gil, David Álvarez, David Patiño e Pako Kamela). O podio feminino por equipos estaba liderado polo GMTA&Chuvoners (Silvia Casal, María Ferreiro e Helga Lages), en segundo lugar clasificábase o GTR Galaico Trail Run (Patricia Varela, Tamara García e Alina Cimpean) e no terceiro CDM Vértice (Mary Pombo, María Fabeiro e Verónica Calvo).
A nivel individual, na carreira longa vencía Marcos Naya, mentres que Elpidio Gómez proclamábase subcampión e Miguel Vázquez entraba terceiro. O podio absoluto feminino estaba dominado por Silvia Casal, Mary Pombo era segunda e María Ferreiro, terceira.
Na media carreira os ganadores eran José Rafael Méndez (K2 Ordes) e Noelia González, mentres que na Mini-Carreira os vencedores absolutos eran Eduardo García (Bikila) e Ana Octavio de Toledo, en cadete Eloy Martínez e Julia Salvado (Acade) e en xuvenil masculina Carlos Bao (Traileros Toxos & Birras).
Os premios tiveron que entregarse dentro do Concello pola forte choiva e vento. Parada de Sil vivía un ambiente moi animada xa dende a noite do venres cos establecementos cheos, tal e como destaca o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Paco Magide, que ademais agradece a Anton Vázquez, presidente do Clube de Montaña Ribeira Sacra, a organización do evento, “así como a Protección Civil e á veciñanza o seu dispor para evitar accidentes e estar nos postos de avituallamento”.
Na galería de fotos poden verse diversos momentos da saídas, as dúas fotos de grupo son dos clasificados en 1º, 2º e 3º lugar de Galicia no 2022, e tamén poden verse aos campións absolutos da proba longa, así como outros momentos da entrega de premios.
Fotos cedidas.