ConcellosEn portadaParada de SilÚltima hora

Parada de Sil aposta por poñer en valor seu patrimonio natural cun novo proxecto de sinalización

 

Aproveitando a convocatoria dunha subvención para espazos Rede Natura o Concello de Parada de Sil presentaba un proxecto feito pola empresa Sherpa Proyect, por un importe de 24.200 euros. A Xunta de Galicia concedíalle a esta administración local unha subvención de 20.000 euros para “un proxecto que hoxe xa está executado e que pon en valor o patrimonio dando relevancia ao que é un espazo Rede Natura e animando aos visitantes a súa conservación e respecto”, tal e como destaca o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que amosa a súa satisfacción por terse executado a obra no prazo previsto e porque todos os visitantes, “que se espera que sexan moitos en Semana Santa, xa poderán disfrutar dos mesmos”.

As intervencións tiveron lugar no entorno de Os Torgás esencialmente e tamén no Miradorio de O Picotiño (A Columna) na beira da estrada de Nogueira de Ramuín a Parada de Sil , onde se colocou unha mesa na que se sinala todo o que se pode ver en fronte, na Ribeira Sacra lucense.

 

 

Nos Torgás instalouse sinalización das rutas BTT Ribeira Sacra, incorporouse tamén unha relevante información sobre a xeoloxía da zona e a flora, explicando como se dan plantas entre as rochas que nalgúns lugares acadan máis de 500 metros de altura dende o Sil e que estas plantas mesmo se chaman romperochas porque necesitan moi pouca terra nacen nas fendas desas pedras.

Tamén se fai unha chamada de atención sobre o espazo singular que é, xa que aí encóntrase a flora do Atlántico, como o carballo e o castiñeiro, coa do Mediterráneo como a sobreira ou o albedro.

Por último, sinala o alcalde, “colocáronse unas papeleiras de madeira das que se agarde que se faga un uso responsable e axuden a manter este espazo único sempre limpo”.

Imaxes cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button