OurenseÚltima hora

Parada de Sil avanza na utilización das novas tecnoloxías

Acollía a xornada informativa "A Administración preto de ti" no salón de plenos de Parada de Sil

 

A xornada “A Administración preto de ti” desenvolvíase a partir das 10h. desta mañá de 19 de setembro no salón de actos do Concello de Parada de Sil, coa asistencia dunhas 20persoas. Despois de dúas sesión celebradas o ano pasado para que a veciñanza puidese obter o certificado dixital e a clave permanente para facilitar a relación coa administración (tratando de acercar a mesma ao rural), neste martes tiña lugar unha nova sesión organizada polo Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

“Trátase de que a xente poida levar a cabo xestións coa administración sen necesidade de desprazamentos e con maio axilidade. Tamén o ano pasado tivemos a dous técnicos voluntarios de INECO Rural axudando á veciñanza para sacar maior rendemento as novas tecnoloxías durante dous meses e este ano o Concello de Parada de Sil volveu a solicitar o programa para seguir avanzando”, explica o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

 

 

Os asistentes á xornada quedaban moi satisfeitos de adquirir estes novos coñecementos. O alcalde de Parada de Sil agradecía a colaboración do Goberno central e da FEMP para levar a cabo a sesión. Tamén agradecía a profesionalidade e amabilidade dos funcionarios desprazados a Parada.

Artigos relacionados

Back to top button