ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil conta cun novo centenario, Francisco Rodicio

 

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, facía entrega dunha placa conmemorativa a un veciño deste municipio, Francisco Rodicio que cumpría onte os 100 anos de idade. Celebraba o seu aniversario acompañado da súa dona Carmen Lizán e do seu fillo.

Francisco Rodicio é un “home duro curtido pola vida do rural galego. Con 9 anos faleceu o seu pai e tivo que aprendr a arar e facerse cargo da casa na medida das posiblidades. Logo traballou na construción e o xornal ata que se xubilou”, explica o rexedor de Parada de Sil.

Para conseguir ingresos foi carpinteiro facendo mobles e mesmo carros e cabe salientar que dende moi pequeno o seu traballo extra era barbeiro e como di el mesmo “con tantos traballos non lle deu tempo de casar ata os cincuenta anos, matrimonio do que segue a desfrutar”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button