CulturaCulturaÚltima hora

Parada de Sil convoca o XVI Concurso de Fotografía Rosa Pons Fábregas

 

Unha vez máis o Concello de Parada de Sil vén de manifestar a súa satisfacción polo feito de que “o que se fai, perdura no tempo e van xa dazaseis anos dende o Concurso de Fotografía Rosa Pons Fábregas, que patrocina o empresario deste municipio afincado en Barcelona, Camilo Yañez”.

A principal novidade este ano son os prazos, xa que ao adiantarse a convocatoria e o peche (que será o 30 de xuño), poderá facerse a exposición de imaxes no salón de plenos do Concello os meses de xullo e agosto, “e así os visitantes a Parada poderán disfrutar das fotos expostas”, a dicir do alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

Mantense a entrega de premios nas datas das festas patronais de San Ramón, a finais de agosto aínda que o fallo será comunicado e feito público o mesmo día 30 de xuño.

Segue a ser posible presentar fotos do concello, que terán un primeiro premio de 800 euros e un segundo de 300 euros, e presentar tamén fotos de tema libre, que recibirán un primeiro premio de 700 euros e un segundo de 200 euros. Dende o Concello faise un chamamento ás persoas participantes a que lean detidamente as bases da convocatoria antes de participar.

O alcade de Parada de Sil agradece a colaboración da Asociación Cultural Ouro do Sil no desenvolvemento deste concurso, así como o mecenazgo de Camilo Yáñez.

 

Artigos relacionados

Back to top button