ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil impulsa a creación de comunidades enerxéticas locais

 

O Concello de Parada de Sil vén de celebrar unha concorrida xuntanza coa veciñanza para explicarlles en que consiste a iniciativa das comunidades enerxéticas locais e as súas vantaxes. A este encontro, celebrado no salón de actos e usos múltiples tamén acudían os técnicos da empresa Sertogal.

A idea do concello é que se constitúa no prazo de dez días a comunidade enerxética da localidade de Parada de Sil. Neste caso colocaranse placas solares no teito da nave da castaña e o Concello cederá o excedente da producción nesta instalación á comunidade enerxética local.

Os veciños acordaban que nese prazo de tempo aportarán recibos da luz e D.N.I., ademais de asinar un documento polo que se constitúen comunidades enerxéticas e autorizan a unha empresa xestora para levar a cabo todolos trámites, non tendo eles que preocuparse de ningún papel.

“En dita reunión animouse á xente doutros pobos do municipio a que busquen persoas que se animen a promovela comunidade do seu pobo ou súa parroquia e logo se verá onde se poden colocar as placas solares”, tal e como informan dende o Concello, matizando tamén que o “aforro no recibo da luz estará en torno ao 40%”.

Estas iniciativas enmárcanse dentro dos fondos Next Generation para municipios de menos de 5.000 habitantes e o concello de Parada de Sil “pretende actuar como tractor para que a xente se anime pouco a pouco e así contribuiráse a unha economía verde que é un dos obxectivos estratéxicos do gberno e Espña e da U.E”, indica esta administración local.

Artigos relacionados

Back to top button