O Entroido de Parada de Sil vai máis. Dende hai máis de 15 anos e a iniciativa dun grupo de entonces mozos da parroquia de Caxide vense celebrando o Entroido neste concello ourensán.
Este grupo cun disfraz chamado Anxeo logra reunir a moita xente e percorre distintos pobos do municipio confratetnizando coa veciñanza que os obsequia con chourizos e doces. Neste grupo tivo un papel importante o actual alcalde, Aquilino Domínguez, e agora súmase aportando máis xente xove, a ANPA Os Noviños do Sil.
Como vén sendo habitual, tamén neste 2024 o día central do Entroido en Parada de Sil será o sábado 10 de febreiro cun gran desfile polo pobo en torno ás 12 horas. Despois, todos os participantes e as persoas que o desexen degustarán un exquisito cocido para repor forzas e voltar a animación pola tarde.