ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil roza o 100% de ocupación nos seus aloxamentos turísticos

 

Dende o Concello de Parada de Sil faise unha valoración moi positiva da actividade turística ao longo desta Semana Santa. Tense rexistrado unha “ocupación case do 100% nas casas de turismo rural, A Fábrica da Luz, A Reitoral e o cámping, e os apartamentos turísticos. No mosteiro de Sta Cristina, principal recurso turístico do concello o xoves, venres e sábado foron máis de 300 visitantes diarios, máis os que mercaron a entrada pola web polo que poderíamos falar de entorno a 375 diarios”, sinala o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen salienta que en todo momento se gardaron as medidas sanitarias oportunas.

Ademais dende o Concello resaltan “varias felicitacións chegadas a través das redes ao concello nas que se destaca, no caso da pasarela do Mao as cartelas que explican en varios idiomas a flora e fauna da zona, sinalando que ademais duna moi boa tradución, os nenos e nenas aprenden de maneira entretida”.

Por outra banda, no Sábado Santo celebrábase unha nova feira de artesanía na praza de O Curtiñeiro con importante afluencia de visitantes, tanto do municipio de Parada de Sil como de fóra del, polo que se considera “un novo éxito destacando as vendas dos postos de produtos alimenticios”, aseguran dende o Concello.

Dende a Oficina de turismo municipal e dende a Casa Museo do Chocolate, que estrean o código de calidade SICTED concedido polo ministerio de Industria e Turismo, recálcase o importante turismo de caravanas e as preguntas por parte de moitas persoas por as áreas recreativas donde poidan comer.

 

 

“Unha vez máis, e a pesar dos esforzos do Concello por habilitar zonas de aparcamento, solicito a colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial para acondicionar o actual aparcadoiro e sinalizalo para evitar problemas, dado que se agarda que una vez esté o Covid máis vencido de cara o verán, aumente o numero de visitantes”, indica Aquilino Domínguez.

Por último o alcalde de Parada de Sil quere agradecer publicamente o traballo desinteresado da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil para tratar de evitar o caos circulatorio.

Artigos relacionados

Back to top button