ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil súmase á formación sénior en habilidades dixitais

 

Coa idea de que as persoas maiores poidan mellorar os seus coñecementos para aproveitar o uso dos móbiles e tablets, o Concello de Parada de Sil asinaba hai un tempo un convenio coa Asociación Valores. Este programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia con participación de Fondos Europeos.

No marco deste acordo, neste 10 de xuño comezaba a impartirse esta formación. O salón de plenos do Concello acolle un curso no que se pretende que 10 persoas do municipio que dispoñan de Internet na casa obteñan en réxime de préstamo a cargo da Asociación Valores, unha Tablet para usar e que poida contribuír a un envellecemento activo, estando en contacto con máis persoas, ver películas, exercicios de mantemento físico e mental, segundo informa o Concello de Parada de Sil.

 

 

Así, nesta xornada unha representante da Asociación Valores, acompañada dun docente, tiveron a primeira xuntanza con algún veciños na que foron presentados polo alcalde Aquilino Domínguez que considera este curso importante así como o feito de que dispoñan da Tablet gratis. Tamén informou de que, en canto se adxudique a explotación do Wiffi de banda ancha ulrtrarrápida, este tipo de actuacións “poderán seguir estendéndose porque se amplía a cobertura de internet e se abaratan os prezos”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button