En portadaÚltima horaVídeos

Pártese a árbore situada xunto á Fonte da Ra, no Paseo do Malecón do Barco

 

Nesta mañá partíase unha árbore de grandes dimensións situada na céntrica Fonte da Ra, no Paseo do Malecón do Barco. Segundo as primeiras informacións, non houbo que lamentar danos persoais, pese a que as ramas caían na zona de paseo peonil, nun parque infantil cercano e tamén na estrada.

Neste momentos están concluíndo os labores de retirada da árbore por parte dos bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Barco e dos bombeiros do parque comarcal. Ata o lugar tamén se desprazaba a Policía Local e o concelleiro de Obras e Parques Infantís do Barco, Miguel Neira.

Ao parecer esta árbore, un aligustre, estaba enferma e pudriu por dentro, o que puido ser o motivo de que partise.

 

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button