Na vindeira fin de semana (23 e 24 de setembro9 A Coruña acollerá o XXIV Campionato de España de Mtb (Mountain Bike) para Policías locais, unha cita que contará con presenza valdeorresa da man de José López, policía local do Barco.
Nesta proba competirán 188 participantes de toda España. Disputarase na zona coruñsa de Bens, nun circuíto de 12 km. No caso da categoría máster 50, que será na que tomará a saída Jose López, na que se deberá dar dúas voltas a ese circuíto.
Imaxes cedidas.
