DeportesPiraguismoÚltima hora

Participación valdeorresa no I Descenso Ourense Provincia Termal-Memorial Chelís

Trátase dunha iniciativa pioneira que discorrerá o 15 de agosto por seis concellos: Ourense, Toén, Cenlle, Castrelo de Miño, Barbadás e Punxín

O padexeiro barquense Adrián Prada será un dos valdeorreses que tomarán a saída no I Descenso Ourense Termal./ Foto: Lois Prada F.

 

Faltan horas para que se poña en marcha o I Descenso Ourense Provincia Termal-Memorial Chelís. Esta proba de piragüismo está organizada pola Escola Ourensá de Piraguismo e co patrocinio da Deputación Provincial, e a colaboración do Inorde e dos concellos polos que se pasará: os de Ourense, Toén, Cenlle, Castrelo de Miño, Barbadás e Punxín.

A regata dará comezo ás 11:30 h. de mañá domingo, con saída na praia da Antena para as categorías K1 e k2 sénior, da Chavasqueira veteranos e Xuvenís e do Pantalán de Alongos para Cadetes e Paleo a Pe, onde ademais terá lugar un porteo de uso 400 metros. A meta estará situada no Hotel Balneario de Laias (Cenlle). Son 17 km de percorrido.

Esta iniciativa pioneira na provincia pretende “converterse nunha proba que se afiance no calendario da longa distancia, e que nesta ocasión serve aos deportistas galegos e arxentinos como preparación para o campionato do Mundo de Maraton que se celebrará a primeiros de outubro en Romanía”, tal e como indica dende a organización Santiago Carvajal Mosquera.

Reunirá a preto de 200 participantes, entre eles figuras destacadas a nivel mundial neste tipo de probas como Iván Alonso Lage do Club Olívico de Vigo (Tui, 21 de outubro de 1985) é un deportista español que compite en piragüismo na modalidade de maratón. Gañou sete medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2012 e 2015, e oito medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón entre os anos 2013 e 2019.

Tamén participan os arxentinos de dous clubs históricos de arxentina Manuel Garaycoechea, do Club de Regatas Uruguai, campión arxentino de K1 e K2 e campión Panamericano e Feijóo Fermín do emblemático Club de Regatas a mariña, situado no Delta do Tigre, ao norte da Cidade de Buenos Aires. Esta que serviralles como preparación dos campionatos mundiais de Marathon a disputarse desde o 30 de setembro ao 3 de outubro en Pitesti, Romanía, e que no ano 2022 celebraranse na próxima cidade de Ponte da Lima.

Participación valdeorresa

Non faltará tampouco na cita participación valdeorresa da man de piragüistas como o barquense Adrián Prada (C. Piragüismo Verducido-Pontillón), subcampión de España Sub23 de Maratón e clasificado para o Mundial de Maratón de Romanía en K-1 Sub23; xunto ao seu compañeiro de club Joaquín Iglesias. Ambos tomarán a saída en K-1 sénior na proba ourensá. Ademais en K-2 cadete participará o tamén barquense Raúl Prada e en K1 veterano Fernando García (Fluvial Barco).

Na categoría K2 senior Miguel Fernández Castañón e Julián Becerro (Fluvial Barco), vixentes campións do Descenso do Sella, e medallistas nos campionatos do mundo de maratón de 2018 e 2019 e que compiten co Fluvial O Barco. Bernardo Sánchez Oro, subcampión do mundo e Jorge Massagues Julián, do Fluvial de Lugo, tamén participan na modalidade k2 sénior.

E en K2 veterano destaca a presenza dos ourensáns Jorge Carvajal e Antonio Carvajal, que compiten nas filas do Real Club Náutico do Porto de Santa María, e da Escola Ourensá de Piraguismo Antonio Vazquez Cid e Luís Delfín Carvajal.

Participación en K2 Muller Veterana das representantes da Escola Ourensá de Piraguismo que recentemente se proclamaron campioas de España de Maraton de veteranos por equipos.
Tamén participan representantes de todos os clubs da provincia, Fontefría de Muíños, Fluvial O Barco, Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Fluvial Allariz e Escola Ourensá Municipal de Piragüismo, que prestaron moito apoio na organización deste evento.

 

Artigos relacionados

Back to top button