Hoxe é un día especial en Rubiá, sobre todo para a xente vinculada dalgún xeito ao equipo de fútbol. Despois de dúas décadas de competición interrompida (en dúas etapas diferentes) e máis de 15 anos despois do último partido oficial, na mañá deste sábado 4 de maio celébrase a I Xuntanza do CD Rubiá.
O acto central será un xantar nunha carpa no exterior do pavillón municipal de deportes previsto para as 14:30 horas ao que asistirán unhas 110 persoas, pero unhas horas antes e como previa, no interior do pavillón estanse a xogar partidos de de fútbol sala entre os máis ousados.
Despois faranse unha foto oficial e pasarán ao xantar na carpa onde están expostas unhas 70 fotos (algunhas inéditas) da historia do CD Rubiá, así como algunhas das camisetas oficiais do equipo.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
Máis información e fotos:
Emotivos reencontros na I Xuntanza do Club Deportivo Rubiá que reunía a unhas 110 persoas