Galerías de fotosÚltima hora

Patacas con curiosas e divertidas formas, colleitadas nunha horta no Barco de Valdeorras

 

A natureza nunca deixa de sorprendernos e dende logo, a horta valdeorresa tampouco. De cando en vez descubrimos a orgullosos veciños recollendo verduras e todo tipo de hortalizas de grandes dimensións, pero nesta ocasión máis que o tamaño é a forma a que chamou a atención de Yoly cando empezou a recoller as patacas da súa horta situada no número 29 de A Carrúa, no Barco de Valdeorras.

Ela mesma conta que non é a primeira vez que recolle patacas de gran tamaño pero as que aquí presentamos destacan polas peculiares e divertidas formas que colleron baixo terra. Con varias patacas de diferentes tamaños superpostas e cos gromos aínda pegados, se deixamos voar a imaxinación incluso podemos chegar a verlles forma humana, ou máis que humana de ananos, formando todas xuntas unha pequena familia. Dende logo, son cousas da terra.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button