CulturaCulturaÚltima hora

Patrimonio cultural e humanidades dixitais, na segunda xornada do congreso internacional en Trives

 

Arredor da temática do patrimonio cultural e humanidade dixitais xira a segunda xornada do congreso internacional sobre patrimonio cultural e natural que se está a desenvolver dende onte nas Terras de Trives. Neste sábado 11 de novembro o programa comezaba ás 9:30h. e tiña como escenario a adega A Corga (Trives). As sesións incluían a presentación dun traballo sobre arqueoloxía e patrimonio en Croacia, despois arqueólogos portugueses falarán da Espada de Mouruás (San Xoán de Río), que tras viaxar a Alemaña para investigar esta espada e presentar os seus primeiros resultados en Bruxelas.

A continuación expoñíase o proxecto de dixitalización da auga no Alto Douro Viñateiro (zona de viticultura heroíca en Portugal). As seguintes conferencias versaban sobre os arquivos, a súa dixitalización e posta en valor para o desenvolvemento rural. Acto seguido os expertos europeos descubrían o rescate e revitalización das viñas que está facendo a Adega A Corga de Trives. Investigadores da Universidade de Vigo do Proxecto Europeo Granular tamén presentaban o seu Living Lab e antes do parón para xantar, tratábanse os temas de compostaxe e cosmética natural.

O sábado pola tarde está previsto o grupo de campaneiros de Estremadura e o valenciano Francesc Llop realizarán un taller de toque de campás na igrexa parroquial de Trives. Por último, os asistentes participarán no magosto de Trives.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button