Coa tradicional pegada de carteis vén de encetarse de xeito oficial ás 00h. do 7 de xullo a campaña electoral das eleccións xerais do vindeiro 23 de xullo. No caso do Barco, o punto de partida para iniciar esa pegada era a praza do Concello para o PSdeG-PSOE e para o BNG.
En ambas formación, concelleiros e militantes realizaban a pegada, se ben no caso do partido socialista, ademais estaba candidato que ocupa o número 3 ao Congreso por Ourense, que é o alcalde do Barco, Alfredo García Rodríguez.
Fotos: A.R.