ConcellosO BarcoÚltima hora

Peludines Valdeorras busca acollida urxente e definitiva para este can abandonado

O can abandonado en Valdeorras.

 

Dende a protectora de animais Peludines Callejeros Valdeorras fan un chamamento urxente ante a situación deste can. Aseguran que leva meses abandonado na zona de Valdeorras e malia que “hai uns rapaces que lle dan de comer, non poden adoptalo”.

Insisten na necesidade de acollida urxente indefinida en Valdeorras. “A protectora faise cargo dos gastos pero ten que ser indefinida xa que non teriamos sitio para el en caso de devolvelo. Tamén adopción responsable, nese caso poderiamos buscar transporte”, explican, avanzando que “está na rúa e debilitándose cada vez máis”.

Contacto: peludinesvaldeorras@hotmail.com

Artigos relacionados

Back to top button