CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Pena, felicidade e cariño na despedida do Pablo VI ao profesor Julio Pérez Veiga pola súa xubilación

O director do Pablo VI, José Manuel Carrasco co profesor que se subila, Julio Pérez Veiga./ Foto cedida.

 

“Non chores porque xa rematou, sorrí porque sucedeu”. Parafraseando a Gabriel García Marquez rematan as bervas que, dende o colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa, lle adican ao profesor Julio Pérez Veiga pola súa xubilación.

“Non é doado dicir adeus e grazas non é suficiente para expresar o que sentimos, unha mistura de tristeza, de felicidade e cariño”, din dende o colexio ao que Julio Pérez, natural do Carballiño, chegaba en 2009 compartindo dende entón a súa sabiduría, cariño, paciencia e adicación. O centro débelle a Julio moitos números recentes da súa revista ‘Xuntos’ e tamén un amor incondicional pola literatura, sobre todo pola dos autores valdeorreses como Lauro Olmo ou Florencio Delgado Gurriarán, entre outros.

Bo conversador e pedagogo, era habitual escoitar as súas reflexións sobre docentes e alumnos para concluír dicindo: “Un bo profesor, como unha boa persoa, é a que saca o mellor dos demais”.

Por todo isto e máis, dende o Pablo VI agradecen “infinitamente cada minuto do seu tempo e, sobre todo, esa motivación diaria por sementar coñecementos e valores que permanecerán nos nosos corazóns”, din, concluíndo cun GRAZAS! “en nome de todos os alumnos, familias e compañeiros”.

Artigos relacionados

Back to top button