EconomíaEconomíaÚltima hora

Pensión Rústica Santa Mariña da Ponte (Viana do Bolo), aloxamento rural para desfrutar en plena natureza

 

Na aldea de Santa Mariña da Ponte, a 5,5 Km de Vilariño de Conso e a 13 de Viana do Bolo, moi preto do encoro do Bao, e rodeada de montañas, bosques de rebolos e castiñeiros, ubícase a Pensión Rústica Santa Mariña da Ponte, unha mestura de pensión e hostel, onde desfrutar da tranquilidade e beleza da zona, “o lugar perfecto para tomarse un descanso e abandonar o axetreo do día a día”.

 

 

Este aloxamento rural en plena natureza ourensá, abríase por primeira vez hai uns 14 anos e tras un tempo pechado, unha reforma integral e un cambio de concepto, reabría as portas ao público a finais do verán do 2022. “Agora non hai persoal presencial e o sistema de apertura é con código de acceso”, explican dende a xerencia, engadindo que contan con cociña compartida totalmente equipada onde os hóspedes poden preparar as súas propias comidas durante a estadía, ademais dun comedor e unha terraza con mesas e sillas.

 

 

Tamén hai unha zona común equipada con todo tipo de mobiliario e enseres para estar cómodos ademais de xogos, televisión, zona de lectura, chimenea, etc, así como un expositor con folletos informativos “para desfrutar e integrarse no mundo rural destes fermosos concellos, así como organizar as posibles rutas e actividades mentres se toma un relaxante almorzo”, din dende a pensión.

 

 

Con respecto á habitacións, hai 10, todas exteriores e que se adaptan ás necesidades dos hóspedes tanto se van en parella, coa familia e/ou con mascotas: 8 dobres con baño privado; 1 dobre con baño privado e cama supletoria; e 1 dobre superior con supletoria e terraza, para un máximo de catro persoas.

 

 

Máis  información e reservas en: pensionsantamarinadaponte.com

Artigos relacionados

Back to top button