CulturaCulturaÚltima hora

Pep Bruno atrapa ao público barquense cos seus contos

Actuaba o 2 de xullo na segunda sesión do Ciclo "De Perto", no Xardín da Casa Grande de Viloira

 

Arredor da palabra contada, e bebendo da tradición, xiraba a segunda das sesións do ciclo “De Perto”, que tiña lugar na tarde do 2 de xullo no Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco). Desta volta Pep Bruno atrapaba por completo ao público cun interesante repertorio de contos tradicionais.

De feito, captaba por completo a atención dos asistentes con tres antigos e extensos relatos, amosando o seu gran nivel como narrador oral.

Pep Bruno, natural de Barcelona, viviu desde os 7 anos en Guadalaxara e actualmente reside nunha aldea da comarca estremeña de Plasencia. Acostuma participar cos seus relatos tradicionais no programa de RNE “Esto me suena”, os sábados e domingos de 15 a 16 h.

Actuación de Anxo Rei, o martes 5 de xullo

E, tras a narración oral, a seguinte cita do “De Perto” virá da man da palabra rimada e cantada. O cantautor de Rubiá Anxo Rei porá voz e música aos versos de Florencio Delgado Gurriarán interpretando os temas do seu disco “Fronteira de cegoñas”. Será o martes 5 de xullo ás 20:30h. no Xardín da Casa Grande de Viloira.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button