Do 13 ao 15 de abril, o Pavillón Paco Chao do Carballiño converterase nun centro de diversión para os Máis cativos. Hinchables, tobogáns, futbolín humán, maquillaxe e outras actividades de entretemento para pequenos e maiores, complementa a oferta de animación para esta próxima Semana Santa no Carballiño. Trátase dunha iniciativa privada que, baixo o eslogan de “Pequeocio”, promove tres días de divertimento familiar, dende as 11 da mañá ás 9 da da noite, e cuxa entrada costará 5 euros por día.
Os organizadores deste evento, que se celebrará no Pavillón de Deportes Paco Chao, os días 13, 14 e 15 de abril, teñen previsto desenvolver numerosas actividades de ocio e deportivas como torneos de baloncesto, de artes marciais e exhibición de patinaxe, ademáis de obradoiros e xogos infantís e para maiores. Todas estas actividades contarán con monitores, favorecendo que os pais poidan deixar aos seus fillos no pavillón ou ben participar noutras actividades.
“Pequeocio2 conta coa colaboración do Concello e complementa a oferta de animación cultural prevista para esta próxima Semana Santa. Un programa que ofrece unha ampla gama de actividades que inclúe cine, monólogos, teatro, exposicións, animación de rúa con exercicios de circo, música e visitas guiadas.




