En portadaÚltima hora

Percorrido de montaña “Entre Vales – Foxo Castaño (Vales Glaciares de Trevinca)”, o 20 de maio

Trátase dunha actividade organizada polo Club Montañas de Trevinca

 

Nova actividade deportiva do Club Montañas de Trevinca. O próximo sábado 20 de maio realizarase a marcha “Entre Vales – Foxo Castaño”, neste caso, dar a coñecer un dos vales glaciares máis importantes das Montañas de Trevinca, nacemento do río Castaño.

A ruta transcorrerá pola Serra do Eixe cruzando un crestón de “tipo Alpino”, crestón do Lombo do Rocín, e a continuación descendendo polo val glaciar do “Foxo Castaño” e Ermida de San Xil ata o final do percorrido na aldea de Casaio (Carballeda de Valdeorras).

A saída se efectuará dende Vilanova de Trevinca (A Veiga), ás 8:30 h do sábado 20 de maio, no comezo da rutas de montaña.

A data límite para anotarse á actividade, xoves, 18 de maio ata as 15:00 h. Son prazas limitadas (un total de 15) en atención ás características de grande valor natural do itinerario.

Máis información e inscricións:
https://www.montanasdetrevinca.es/16-entre-vales-o-foxo-castano-gal/

Artigos relacionados

Back to top button