CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Percorrido polo pop-rock nacional e internacional da man de Rober & Piru, en Viloira (O Barco)

Este dúo valdeorrés actuaba na noite do 19 de agosto no marco do ciclo Terrasón

 

Versións en inglés ou castelán de coñecidos temas de rock das décadas dos 80 e 90, pero tamén algunha chiscadela reivindicativa en galego a través de composicións como “Memoria da noite” de Luar na Lubre. Con este variado e singular repertorio estreábase o dúo valdeorrés Rober & Piru ante o público do Terrasón 2022.

 

 

Actuaban na noite do 19 de agosto na praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) cunha moi boa acollida entre o público.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button