
Petín volera ter neste 2025 unha cita cos clásicos. Será o 23 de marzo cando se celebre a II Gran Concentración Automobilística de Coches Clásicos Petín Pistón.
Na primeira edición, celebrada no 2023, a exposición contaba con máis dun cento de vehículos chegados dende diferentes partes de Galicia e provincias como León ou Asturias. Todo tipo de clásicos (Renault, Seat, Simca, Mustang, Pontiac, Chevrolet, Saab, Mini,…) a maioría coches pero tamén algunha moto. Auténticas xoias do motor que facían as delicias dos afeccionados.
A deste ano contará coa colaboración dos Concellos de Petín e Vilamartín de Valdeorras.