DeportesÚltima hora

Petín acollerá en marzo a súa I concentración de coches clásicos

 

Retomando unha idea que quedaba paralizada pola pandemia, o 26 de marzo celebrarase en Petín a I Gran Concentración Automobilística de Coches Clásicos.

Organizada por Secundindo Trincado e José Folla (Petín Pistón) e coa colaboración do Concello, a exposición dos vehículos poderá verse de 9 a 12 horas no Poboado de Iberduero (fronte ao Concello). De 12 a 13 horas farase unha ruta turística por diferentes localidades do municipio e xa a partir das dúas da tarde haberá un xantar (servido por Mantesil) no Teleclub de Petín, rematando a xornada co sorteo de agasallos e despedida.

Tal como explica Secundino, entre os clásicos que poderán verse hai varios Renault (R5, R8, R10, Clio,…), Seat 1600, Simca e un longo etc. Auténticas xoias do motor que farán as delicias dos afeccionados.

 

Artigos relacionados

Back to top button