En portadaEntroido 2020Última hora

Petín latexa co ritmo de ata oito folións

A vila acollía unha xuntanza promovida polo folión petinés Os Arrieiros

O toque de bombos e aixadas facía vibrar Petín na tarde deste sábado 8 de febreiro. Ata oito folións de diferentes partes do oriente ourensán dábanse cita nesta vila para participar na xuntanza promovida polos Arrieiros.

Así percorrían a vila as Mázcaras de Buxán (O Bolo), bailando ao ritmo do seu folión, tamén Os Labregos (Trives), cos seus Boteiros, o Folión de Chandrexa de Queixa, o Irrio de Castro Caldelas, os folións triveses A Caniceira, As Maceiras e A Lardeira, e finalmente, o anfitrión: Os Arrieiros de Petín.

O desfile finalizaba na praza e, seguidamente, os folións asistentes eran agasallados cunha merenda no Tele Club.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button