ConcellosÚltima hora

Petín mellorará os sistemas de depuración do municipio

Tamén colocará contadores e filtros novos nos depósitos de Mones e Petín, co obxectivo de mellorar o control e a eficiencia dos caudais subministrados

 

Dende o Concello de Petín estanse levando a cabo unha serie de obras de mellora no ámbito do saneamento, en base a dúas subvencións que lle foron concedidas dende Augas de Galicia (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade).

A primeira está destinada á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, cun importe concedido de 46.074,57 euros, para desenvolver o proxecto de melloras nos sistemas de depuración do concello.

Ao abeiro desta achega e tal como explica a alcaldesa, Raquel Bautista, levaranse a cabo catro actuacións. “En Freixido de abaixo suprimiranse as dúas fosas sépticas que existen a día de hoxe e construirase unha nova co peche correspondente, así como un novo tramo do colector subterráneo”, puntualiza a rexedora. As outras tres actuacións son no núcleo de Petín: na fosa séptica do Malecón; en Castrofolla a na Ponte, donde se limpiarán as fosas. “Ademais, tanto na fosa de Castrofolla como na da Ponte farase o peche con malla e nas tres colocarase un pozo de rexistro e a arqueta de desbaste”.

A outra subveción, de 1.000 euros, é para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal nos depósitos de Mones e Petín, co obxectivo de mellorar o control e a eficiencia dos caudais subministrados, para o cal de porán contadores e filtros novos.

Artigos relacionados

Back to top button