ConcellosPetínÚltima hora

Petín prepárase para unha nova edición da Feira de 1812 que se celebrará os días 8 e 9 de xuño

Feira de 1812 o ano pasado en Petín./ Foto: José Abuín.

 

Corría o mes de abril de 2012 cando a Asociación Cultural Fonte Grande poñía en marcha a Feira de 1812 en Petín, en conmemoracion do bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812. Dende entón, salvando os anos da pandemia e oscilando entre os meses de abril a xuño, cada ano as rúas do casco vello de Petín retroceden varios séculos representando o ambiente daquela época en canto a oficios, artesáns, vida social, tradicións…

Co incondicional apoio do Concello de Petín a feira chega este ano á XI edición na fin de semana do 8 e 9 de xuño. A inauguración será o sábado día 8 ás 11 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button