ConcellosPetínÚltima hora

Petín recibe unha achega de 30.000 euros para renovar e acondicionar o paseo fluvial

Paseo fluvial de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Entre as obras previstas polo Concello de Petín está o chamado proxecto de “Acondicionamento e restauración paisaxística do paseo fluvial” que será acometido cunha achega da Axencia de Turismo de Galicia de 30.000 euros.

Trátase dunha subvención a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas do ano 2023 e tal como adianta a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, trátase de reparar a parte do paseo que xa está feita. “Hai moitas madeiras estropeadas, outras que arracaron e tiraron… polo que será iso o que se renovará”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button