ConcellosPetínÚltima hora

Petín rende culto ao seu patrón, Santiago Apóstolo

A charanga Támega pon o ritmo á xornada deste domingo 25 de xullo

 

Están sendo unhas festas extrañas. Toda Galicia, pero de forma moi especial o concello de Petín, celebra hoxe un día moi especial: a festividade de Santiago Apóstolo. Máis especial que outros anos ao caer a domingo (motivo polo que este 2021 é Ano Santo), pero a situación sanitaria coas restricións e o medo a que sigan aumentando os contaxios, impiden un programa como os de antes, con procesións e orquestras.

Así e todo os veciños desta localidade valdeorresa, rendían culto na mañá deste domingo 25 de xullo, ao seu patrón, cunha misa solemne presidida polo párroco, Lisardo Paradelo, e catada polo coro, na igrexa parroquial.

 

Un momento da misa na honra a Santiago Apóstolo.

 

Pouco antes de comezar a eucaristía, producíase un atropelo na mesma praza de Petín, provocando consternación entre o númeroso público alí reunido, pero unha vez que o ferido era trasladado ao Hospital Público Valdeorras, desenvolvíase o programa tal como estaba previsto.

A nota musical á xornada pona hoxe a Chraranga Támega, con pasarrúas e actuación na praza Doutor Quiroga. Mañá tocaralle o turno a Achicoria, que amenizará o día de Santa Ana, coa misa prevista para as 13 horas.

 

O coro de Petín amenizando a misa.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button