ConcellosÚltima horaVídeos

“Pichi” chega a Compostela superando o reto “Os 7 Camiños, pedaladas solidarias”

Juan Prieto, natural do Grove, completou en bicicleta os sete camiños galegos que chegan a Santiago de Compostela, entre eles o Camiño de Inverno, a beneficio de Cáritas

Juan Prieto “Pichi”, no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras.

 

O 8 de abril Juan Prieto Cacabelos, “Pichi”, un afeccionado ao cicloturismo natural do Grove (Pontevedra), comezaba en Tui (Pontevedra) o reto “Os 7 Camiños, pedaladas solidarias”, coa idea de facer en bicicleta os sete camiños galegos que chegan a Santiago de Compostela, a beneficio de Cáritas a través da páxina de crowdfunding “Mi grano de arena”.

Fixo o percorrido no sentido inverso ás agullas do reloxo, de sur a norte. Comezaba polo Camiño Portugués, despois facía o Sanabrés seguido do de Inverno con parada no Barco de Valdeorras, o Francés, o Primitivo e o Norte, deixando para o final o Inglés que completaba na mañá deste martes 27 de abril, menos de 21 días despois de iniciar o reto, tal como tiña previsto inicialmente.

A recadación non remata ata o día 30 de abril pero tal como adianta Juan, a día de hoxe anda cerca dos 700 euros.

Neste vídeo compartido por “Pichi” podemos velo satisfeito diante da Catedral de Santiago de Compostela.

 

 

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/o-camino-de-inverno-nun-reto-solidario-en-bicicleta-a-favor-de-caritas/

Artigos relacionados

Back to top button