ConcellosO BarcoÚltima hora

Piden que se protexa a parte baixa das beiras da ponte sobre a vía férrea na que se inicia a avenida do Bierzo no Barco

Dende o Concello sinálase que está pendente de rematar esa actuación por parte da Consellería de Infraestruturas coa instalación dunha varanda nese punto

 

Veciños do Barco solicitan que se coloque algún tipo de protección nas beiras da parte inicial da ponte sobre o ferrocarril xusto no inicio da avenida do Bierzo da vila, unha zona na que se veñen de acometer obras de mellora por parte da Consellería de Infraestruturas. “Hai unha altura de 1,5 m e sen ningunha varanda pode resultar perigoso, pode caer un neno ou un adulto”, sinalan os veciños.

Dende o Concello do Barco o seu alcalde, Alfredo García, explica que nesa parte está pendente de rematar a obra e que xa está prevista a instalación dunha varanda. “Inicialmente non aparecía no proxecto, pero como se levantaron as beirarrúas, o arquitecto municipal informou á consellería de que a varanda quedaba baixa, entón esa obra leva un suplemento, e ademais de colocar a varanda rematarán a parte de abaixo. Iso está sen facer e penso que non tardarán moito en realizalo. Cando recibamos esa rúa no Concello esta obra ten que estar totalmente terminada”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button